CRTVG

Buscar

Sánchez defende que España fixo con Gali "o que debía, conforme á lei"

Publicado o 22/09/2021 19:37
EFE

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, asegurou este mércores que o Executivo fixo "o que debía" e "como debía", de acordo coa lei, ao permitir a entrada en España por razóns humanitarias do líder da Fronte Polisario Brahim Gali. Sánchez avalou a actuación do Goberno neste asunto en conferencia de prensa en Nova York ao ser preguntado pola decisión xudicial de chamar como investigada por este caso a exministra de Asuntos Exteriores Arancha Gonzalez Laya.

O xefe do Executivo subliñou que España permitiu a entrada de Gali atendendo a unha petición humanitaria "para salvar a vida dunha persoa que estaba a piques de morrer". "Esta é a cuestión e España deu unha resposta humanitaria a unha petición que se lle facía. Por tanto —engadiu— o Goberno fixo o que debía, que era dar resposta a esa cuestión humanitaria, e fíxoo como debía, conforme á lei".

Noticias web

22/09/2021