CRTVG

Buscar

Sánchez defende a monarquía e a Constitución nunha carta á militancia

Publicado o 06/08/2020 14:31

Pedro Sánchez reitera a defensa da monarquía. Esta vez nunha carta escrita á militancia socialista, en que pide unidade. 

Di que todo responsable público ten que render contas da súa conduta pero que iso non debe comprometer a institución. E defende tamén o pacto constitucional. Cre que sería un erro regalarlles aos conservadores ese legado.

O Goberno insiste en que non consensuaron con Zarzuela a marcha do rei Xoán Carlos. E asegura que Sánchez non tiña obriga de compartir esa información con outros partidos porque a vida do rei emérito xa non é un asunto de Estado.

Discrepan os seus socios de Goberno. Unidas Podemos critica que non os informaran e queren que a vicepresidenta e Filipe VI dean explicacións no Congreso.

Os partidos independentistas pediron tamén a comparencia de Sánchez e Calvo no Congreso, que, en todo caso, sería en setembro.

 

Noticias web

06/08/2020