CRTVG

Buscar

Sánchez convoca un cumio de ministros para tratar o 'brexit'

Publicado o 04/09/2019 10:23

España é dos países europeos que poden resultar máis perxudicados se se produce un brexit sen acordo. O xornal El Mundo asegura que para mañá xoves está convocada de urxencia unha reunión na Moncloa de Pedro Sánchez cos ministros de Exteriores, Interior, Traballo, Fomento, Economía e mais a vicepresidenta Carmen Calvo. Xa estaba previsto que o venres houbese un Consello de Ministros extaordinario sobre o brexit.

Hai que ter en conta que a maior comunidade de expatriados británicos -uns 300.000- viven en España ou que o Reino Unido é o primeiro destino de investimentos españois. Se a isto sumamos o caso de Xibraltar ou a situación dos caladoiros de pesca, explican a necesidade de mirar a con lupa calquera empeoramento das perspectivas do brexit.

Noticias web

04/09/2019