CRTVG

Buscar

Sánchez, convencido de que os presupostos xerais se aprobarán en abril

Publicado o 16/01/2019 16:23

O presidente do Goberno di que os presupostos se aprobarán en abril. No Parlamento Europeo, Sánchez pediu que non se pacte con extremistas. O PP acusouno de pactar cos radicais da moción.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno: "Non é que vaiamos en tempo e forma, senón que nos anticipamos ao que fixo o Executivo anterior co proxecto presupostario. O Goberno de España ten a vontade firme de resolver mediante o diálogo a situación en Cataluña, pero primeiro o que ten que facer o independentismo é recoñecer que non ten a maioría social e dialogar coa parte maioritaria da sociedade catalá que quere un acordo para saír desta situación.

Esteban González Pons, PP: "Non se pode dicir eu nunca pactarei cos extremistas cando se está no Goberno co apoio dos independentistas, os antigos terroristas e a extrema esquerda e máis, cando na mesma intervención nos anuncia que se van aprobar os presupostos e iso só o pode facer co apoio dos independentistas, os antigos terroristas e a extrema esquerda.







 

Noticias web

16/01/2019