CRTVG

Buscar

Sánchez condena a violencia machista vicaria "dobremente salvaxe e inhumana"

Publicado o 11/06/2021 19:07

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, condenou este venres a violencia machista "dobremente salvaxe" que busca a dor da muller e dos seus fillos e que se evidenciou no asasinato en Tenerife da nena Olivia e a desaparición da súa irmá Anna. Sánchez iniciou a súa intervención en San José nun foro empresarial xunto ao presidente de Costa Rica, Carlos Alvarado, referíndose ao achado do cadáver da nena Olivia e tamén á confesión do presunto asasino en Sevilla doutra menor, Rocío Caíz.

As dúas noticias dixo que supoñen "unha xornada negra" máis en España de violencia machista e uns feitos "moi tristes, moi terribles". "Toda España está conmocionada. Todo o noso apoio ás familias cuxa dor é absolutamente insoportable e inimaxinable e toda a nosa repulsa á violencia machista, á violencia vicaria, que algúns seguen negando no noso país", engadiu. Para Sánchez, "a violencia vicaria é violencia machista, dobremente salvaxe, inhumana, xa que busca causar dor non só á muller, senón tamén aos seus fillos". "O Goberno e a sociedade no seu conxunto imos seguir traballando, non lles caiba dúbida por acabar con esta secuela dunha vez por todas".

 

Noticias web

11/06/2021