Sánchez Bugallo terá que someterse a unha cuestión de confianza para aprobar os orzamentos municipais
Publicado o 12/03/2021 21:20
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, terá que someterse a unha cuestión de confianza para sacar adiante os orzamentos municipais deste ano.
A oposición no concello de Santiago votou esta mañá en contra das contas. Bugallo convocou para o próximo día 17 un novo pleno no que someterá os orzamentos de novo a votación da corporación, neste caso vinculado xa a unha cuestión de confianza.