CRTVG

Buscar

Sánchez asegura que "España non deixará só o pobo afgán"

Publicado o 27/08/2021 10:14
Sánchez asegura que "España non deixará só o pobo afgán"
EFE

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, asegurou este venres que "España non deixará só o pobo afgán" e que se buscarán "vías de axuda para evacuar o maior número de persoas".

En senllas mensaxes na rede social Twitter, o xefe do Goberno afirmou: "España non deixará só o pobo afgán. Seguimos comprometidos coa defensa dos dereitos humanos e a liberdade no país, buscando vías de axuda para evacuar ao maior número de persoas que colaboraron con España e coa comunidade internacional".

A continuación, sinalou: "Ás 7:17 h desta mañá aterrou en Dubai o último voo español de evacuación co persoal e colaboradores que permaneceron ata o último minuto en Afganistán para facer posible esta misión de repatriación. Grazas a todos e todas".

Pedro Sánchez preside esta mañá a reunión do Grupo de Traballo que supervisa a operación de repatriación do continxente español en Afganistán, no que participan a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, o ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, a ministra de Defensa, o ministro do Interior, a ministra de Sanidade e o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, e coordina o ministro da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática. 

Noticias web

27/08/2021