Sánchez e Aragonés acordan "dialogar sen prazos" desde "posicións moi afastadas"
EFE/Quique García
Ano e medio despois, os gobernos central e catalán volven sentar na mesma mesa. Desta volta foi Pedro Sánchez quen viaxou ata o Palau da Generalitat acompañado por catro dos seus ministros. Do outro lado, só estaba a metade republicana do Govern, tras o veto de Aragonès aos negociadores elixidos por Junts per Cat. Os dous presidentes departiron durante case dúas horas con poucos avances concretos.
Pedro Sánchez. presidente do Goberno, admitiu que "evidentemente, seguimos mantendo posicións políticas que están moi afastadas".
Sobre todo porque Aragonès volveu poñer sobre a mesa o referendo e a amnistía: "insistimos con toda a enerxía e con toda a convicción en que os nosos obxectivos son a mellor solución para Cataluña e que estes obxectivos son a amnistía e a autodeterminación". Ao que o presidente do Goberno, respondía que "para nós, nin o referendo nin a amnistía son posibles".
Aragonès volveu poñer sobre a mesa o referendo e a amnistía: "Insistimos con toda a enerxía e con toda a convicción en que os nosos obxectivos son a mellor solución para Cataluña e que estes obxectivos son a amnistía e a autodeterminación". Ao que o presidente do Goberno, respondía que "para nós, nin o referendo nin a amnistía son posibles".
A contraoferta de Sánchez é a chamada axenda para o reencontro, un paquete de propostas en materia de infraestruturas, educación ou loita contra o cambio climático. Aragonès respondeu que esta mesa non vai diso senón dun conflito político. E aí, os dous admiten que a solución vai para longo.
Sánchez dixo que "os problemas de Cataluña non empezaron onte nin se van resolver mañá. Por iso coincidimos en que imos traballar sen présa pero sen pausa e sen prazos". E Aragonès recoñeceu que "este proceso de negociación requirirá de tempo, requirirá de constancia polas dúas partes e, máis aló de prazos concretos, o que debemos marcarnos son avances".
De momento, as delegacións só falaron hoxe da metodoloxía das vindeiras xuntanzas, que o presidente catalán espera que sexan discretas.Sánchez e Aragonés foron os encargados de fixar a metodoloxía e os contidos do diálogo no seu encontro a soas que comezou ás 15.00 horas. A comparecencia produciuse despois de que ambos os presidentes saudasen aos seus respectivos equipos no Patio dos Naranjos do Palacio da Generalitat. Despois, as delegacións comezaron a súa reunión, xa sen Sánchez e Aragonès.
Por parte do Goberno, ademais de Sánchez, asisten á mesa o ministro da Presidencia, Félix Bolaños, encargado de coordinar os traballos; a vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz; a portavoz e ministra de Política Territorial, Isabel Rodríguez, e o de Cultura, Miquel Iceta, mentres que a delegación catalá está composta por Aragonès e os consellers Laura Vilagrà e Roger Torrent, despois de que o presidente catalán deixara fóra a Junts da mesa ao rexeitar a súa proposta de nomes.