CRTVG

Buscar

Sánchez asegura en Vigo que están moi preto da maioría para un Goberno estable

Publicado o 17/04/2019 15:54

Pedro Sánchez fixo a súa primeira aparición nesta campaña en Galicia e previsiblemente a única. Non está previsto que volva antes do 28 de abril. Estivo en Ourense e en Vigo. Pedro Sánchez pediu a mobilización do electorado para votar, dixo, polo progreso e polo diálogo.

Acompañando a Pedro Sánchez na súa visita a Galicia estivo o secretario xeral dos socialistas galegos. Gonzalo Caballero insistiu en Vigo no modelo de país que propoñen se gobernan. Gonzalo Caballero. PSdeG-PSOE: "Ese modelo de país que permitiu contruir un país máis próspero con máis dereitos e máis libertades"

Pedro Sánchez falou de propostas e do seu labor á fronte do goberno en dez meses. Pedro Sánchez, PSOE:"Guataríame dicir desde Vigo a toda España que estamos moi preto de conseguir unha maioría ampla que dea estabilidade a España"

Hoxe o partido socialista de Galicia ten mitin en Cee.

Noticias web

17/04/2019