CRTVG

Buscar

Sánchez apoia a Iglesias e di que non está preocupado

Publicado o 08/10/2020 16:55

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, expresou este mércores o seu apoio ao vicepresidente segundo, Pablo Iglesias, e asegurou que non se atopa preocupado, despois de que o xuíz que instrúe o caso Villarejo, Manuel García-Castellón, pedira ao Tribunal Supremo a súa imputación.

Nunha conversa informal cos xornalistas minutos antes de tomar un avión rumbo a Alxeria para unha visita oficial, Sánchez quixo dar apoio ao seu vicepresidente segundo, á vez que subliñou o seu absoluto respecto polas decisións xudiciais.

Sánchez confirmou que xa falou con Iglesias, aínda que non quixo desvelar o contido desa conversa nin facer máis comentarios sobre as consecuencias políticas ou para a estabilidade do Goberno que podería ter a apertura dese proceso xudicial contra o seu vicepresidente.

O xuíz da Audiencia Nacional Manuel García-Castellón solicitou ao Tribunal Supremo a imputación do tamén líder de Podemos polos presuntos delitos de revelación de segredos, danos informáticos e denuncia falsa en relación co caso Dina.