CRTVG

Buscar

Sánchez anuncia que detraerá os beneficios das eléctricas: "Non son aceptables"

Publicado o 13/09/2021 22:25

• O Consello de Ministros aproba este martes novas rebaixas de impostos dentro do plan de choque para abaratar o prezo da luz

• O prezo da luz baixa dous euros dende o récord histórico deste luns

 

Sánchez anuncia que detraerá os beneficios das eléctricas: "Non son aceptables"

O presidente do Goberno Pedro Sánchez anunciou este luns que o Goberno prorrogará mañá no Consello de Ministros a suspensión do imposto do 7 % á produción eléctrica ata final de ano e rebaixará o imposto especial á enerxía do 5 % ao 0,5 %, que é o mínimo que esixe a lexislación comunitaria.

Así, o Consello de Ministros aprobará este martes un novo paquete de medidas co obxectivo de amortecer a suba do prezo da electricidade no mercado almacenista e cumprir así co compromiso do presidente de que os españois paguen a final deste ano unha contía similar á de 2018.

Tamén o Consello de Ministros aprobará, dentro do paquete de medidas, "detraer os beneficios extraordinarios que teñen as empresas enerxéticas", para redirixilos aos consumidores, "para poñer tope" ao recibo do gas e reducir así a factura da luz. "Non é razoable que teñan eses beneficios extraordinarios. Temos que ser todos solidarios", remarcou Sánchez nunha entrevista en TVE.

Noticias web

13/09/2021