CRTVG

Buscar

Sánchez anuncia que chamará a Casado para renovar o Poder Xudicial

Publicado o 11/12/2020 19:38

Pedro Sánchez confirma que vai chamar o líder do PP. Faino despois de que Casado lle botara en cara que non lle devolve as chamadas. O presidente do Goberno quere convencelo para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial. Os populares din estar dispostos cunha condición: que Podemos non forme parte da negociación.

"Xa lles anuncio que chamarei o señor Casado para ver se dunha vez por todas, despois de dous anos agardando o señor Casado, podemos renovar dunha vez por todas o órgano de goberno dos xuíces e, por tanto, cumprir coa Constitución", anunciou o presidente do Goberno. 

Noticias web

11/12/2020