Sánchez anuncia o desbloqueo das entregas á conta e Feijóo di que Galicia non perdonará un euro
Publicado o 03/10/2019 20:27
Pedro Sánchez anuncia que o Goberno en funcións desbloqueará, antes das eleccións, parte dos fondos que debe ás comunidades, as chamadas entregas á conta. Anunciouno nun mitin en Valencia.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este xoves, logo da reunión do Consello da Xunta que Galicia non vai perdonar un euro da débeda de 700 millóns que o Estado ten coa nosa comunidade.