CRTVG

Buscar

Sánchez analiza as propostas de desescalada con científicos e técnicos

Publicado o 25/04/2020 14:52

Reunión de Pedro Sánchez na Moncloa cos científicos e o comité técnico que asesoran o goberno. Sobre a mesa o plan para iniciar a desescalada.

Pedro Sánchez presidiu hoxe dúas reunións. Primeiro a do Comité Científico da Covid-19 e despois a xuntanza do Comité Técnico de xestión do coronavirus, no que participan tamén vicepresidentes e ministros do Goberno. Nestas reunións analizaron os últimos datos oficiais rexistrados polo Ministerio de Sanidade e avanzaron na folla de ruta da desescalada prevista para as vindeiras semanas.

Segundo lles trasladaron onte ás comunidades, haberá criterios homoxéneos e aplicaranse en fases e áreas. Todo apunta que as determinadas zonas rurais e illas serán os primeiros lugares de España en deixar o confinamento.

 

Noticias web

25/04/2020