CRTVG

Buscar

Sánchez acusa o PP de usar o rei para "dividir" e Casado arremete contra os indultos

Publicado o 16/06/2021 10:20

Pablo Casado, cargou contra a vontade do presidente do Goberno de conceder indultos aos condenados polo 'procés' e manifestou que non se pode "caer máis baixo" porque "xa ata acepta o referendo que prometeu en campaña tipificar como delito".

Pedro Sánchez acusou o PP de utilizar o rei, a Constitución e a bandeira de España para "dividir os españois". "Nós non imos utilizar nin a Constitución, nin a bandeira de España, nin a integridade territorial nin a monarquía parlamentaria para dividir os españois como vostedes si fan", respondeu Sánchez ao xefe da oposición na sesión de control ao Goberno do Congreso deste mércores.

Casado lembrou as promesas de Sánchez en campaña contra os indultos antes da súa "metamorfose" e dixo que demostrou que "non ten palabra porque mente sempre". Casado reprochoulle a Pedro Sánchez que "xa ata acepte o referendo que prometeu en campaña tipificar como delito".

O presidente do Goberno criticou que o PP dea "leccións de constitucionalismo" cando logo "bloquea" a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicia. Afirmou que o PP logo "manda a señora Ayuso dicir incongruencias sobre o papel do rei", en alusión aos indultos. 

Noticias web

16/06/2021