Sánchez: "A monarquía non está en perigo. Xulgamos persoas, non institucións"
O presidente do Goberno asegura que se investigarán ata o final as contas do rei Xoán Carlos, e afirma estar convencido de que a monarquía en España non está en perigo.
"Non está. Así de rotundo llo digo, non está. Hai que ser consciente de que xulgamos persoas, non institucións, non podemos mesturar unha cousa coa outra".
Para Podemos, o debate xa está aberto na rúa, aínda que o PSOE non queira velo.
"Existen forzas políticas que aínda seguen poñéndose a venda. Nós o que queremos son urnas, onde a xente poida elixir a xefatura do Estado. Somos unha forza política republicana, nunca llo escondemos a ninguén", asegura Rafa Mayoral.
O PP fala dunha decisión individual de Xoán Carlos e amosa o seu apoio á Casa Real.
"O apoio dende o meu grupo político, como sempre, á coroa, ao seu papel e a lealdade ao rei Filipe VI", salienta Ana Pastor.
Tras a declaración presentada por Xoán Carlos I, agora o foco está na Fiscalía. Terá que decidir se pecha esa liña de investigación, unha das tres que ten abertas no Tribunal Supremo.