CRTVG

Buscar

Sánchez: "A discordia partidista ou territorial é un lastre económico"

Publicado o 18/06/2021 15:00

Pedro Sánchez clausurou hoxe en Barcelona as xornadas do Círculo Económico, en que tamén participou o primeiro ministro de Italia, Mario Draghi.

No discurso do presidente non houbo ningunha referencia explícita aos indultos aos presos do procés, que se producirán en cuestión de días, pero si que falou da necesidade de chegar "sen demora" a un acordo cos nacionalistas. Para o presidente, "a discordia partidista ou territorial tamén é un lastre económico".

Tamén lles agradeceu aos empresarios cataláns que avalen os indultos que promove o seu executivo, un apoio que hoxe volveron expresar publicamente.

"Non somos inxenuos, os indultos non serán a solución definitiva, pero si son un paso", apuntaba o presidente do Círculo de Economía, Javier Faus.

Noticias web

18/06/2021