CRTVG

Buscar

Sánchez: "A decisión será a favor da convivencia entre todos os españois"

Publicado o 26/05/2021 08:25

O presidente do Goberno Pedro Sánchez deu a entender que é partidario de conceder o indulto aos independentistas condenados polo procés, ao reafirmarse en que a decisión que tome será "a favor da convivencia entre todos os españois", porque "hai un tempo para o castigo e outro para a concordia".

Manifestouno durante a sesión de control ao Goberno, tras responder a Pablo Casado, quen lle dixo: "Os indultos teñen que acabar no noso país". O presidente de PP preguntoulle: "Vai indultar os condenados por sedeción? Si ou non?".

Sánchez pediu que o PP apoie ao Goberno como fixo o PSOE co expresidente Mariano Rajoy ante o referendo do 1 de outubro de 2017. O presidente do PP acusou a Sánchez de querer indultar a quen atacou "as leis rebentado a concordia" e "dinamitado a convivencia" e agregou que os populares defenderán a xustiza, a constitución e a nación. "Non permitiremos que o volvan a facer, nin os secesionistas, nin vostede", resolveu.

Sánchez afirmou que "tomará a súa decisión con independencia do número de escanos" e que o fará en conciencia. O presidente do Goberno pediulle a Casado que sexan responsables e apoien o Goberno.

Noticias web

26/05/2021