San Xoán sen sardiñada nin fogueiras nas praias galegas
É a celebración do último San Xoán nos areais de praia América e Panxón, onde chegaron a congregarse máis de quince mil persoas. Unha imaxe que se repite cada 23 de xuño ao longo dos municipios do litoral galego que este ano quedarán coas súas praias apagadas.
A maioría dos concellos xa abriron o prazo de solicitude para a autorización das cacharelas. Só poderan facerse en pequeno formato en ámbitos familiares, entre amigos ou as das asociacións veciñais e os barrios.
Ademais das fogueiras nas praias, botaremos de menos outro dos grandes clásicos da noite máxica, os postos de comida coas tradicionais sardiñadas, tamén prohibidas na maior parte dos concellos. O obxectivo de todas estas medidas é evitar aglomeracións e que o San Xoán do ano que vén poidamos volver a ver os areais iluminados.