San Xoan de Río, onde só seis nenos viven todo o ano, énchese de rapaces durante o verán
Publicado o 12/08/2019 21:24
As aldeas énchense estes días do balbordo dos netos e fillos dos galegos que tiveron que emigrar. En San Xoan de Río, onde só seis nenos viven todo o ano, aproveitaron a presanza de rapaces no muncipio para darlle cór aos muros.
Inusual imaxe a de estes días en San Xoan de Río. Só seis nenos e nenas viven en San Xoan de Río durante todo o ano.
Ata medio cento de rapaces se xuntan en agosto neste concello ourensán de menos de 600 habitantes. Fillos de emigrantes sobre todo en Madrid e Euskadi.
Desfrutan intensamente dos veráns na aldea hoxe dándolle cor a muros roídos polo abandono. A algarabía da emigración miúda de vacacións marchará pero este inverno quedarán as súas pegadas. Un capítulo máis do despoboamento do rural ourensán.