CRTVG

Buscar

San Cibrao das Viñas recupera aos poucos a súa actividade cotiá

Publicado o 30/11/2020 14:43

A actividade volveu ás cafeterías, bares e restaurantes de San Cibrao das Viñas, que despois de case un mes pechados hoxe reabrían as súas portas. Aquí están o polígono de San Cibrao e o de Barreiros e o Parque Tecnolóxico de Galicia.

Aquí acadaban o pico máximo de contaxios o pasado 4 de novembro con 19 casos. Descendeu paulatinamente dende aquela ata quedar nun só caso activo en todo o municipio. Agora están no nivel 2 de restricións.

Ademais da reapertura dos bares, non hai peche perimetral e volveron as xuntanzas cos non conviventes.

Niso insisten moitos, en non baixar a garda, para poder ir recuperando aos poucos o movemento e a actividade habitual do concello.

Noticias web

30/11/2020