CRTVG

Buscar

San Adrián, cuarto concello confinado en Navarra

Publicado o 02/10/2020 14:00

Navarra e Baleares son algunhas das comunidades que aprobaron novos confinamentos e restricións para cortar a expansión do coronavirus e que entraran en vigor nas próximas horas.Con pouco máis de seis mil habitantes, San Adrián converterase esta medianoite no cuarto concello confinado na Comunidade de Navarra.

Situado na comarca da Ribeira Alta, ao igual que os tres que o precederon no cofinamento, a incidencia acumulada do coronavirus é de case 1.400 casos por cen mil habitantes. 

"Nos últimos catorce días creo que somos uns cento corenta e algo, dos que case 70 son na última semana".

As restricións aprobadas polo Goberno foral para San Adrián afectan a mobilidade, o número de persoas por grupo e os horarios e ocupación do comercio e a hostalería. Dúas horas antes, ás dez da noite, entrarán en vigor as medidas para conter a propagación do coronavirus no concello de Eivisa. Neste caso, a ocupación máxima no interior dos bares e restaurantes será do 25 por cento e os grupos non poderán pasar de cinco persoas. Tamén se recomenda saír da casa o imprescindible.

O gromo detectado no campus da Politécnica de Valencia podería ter a súa orixe nunha festa celebrada no colexio maior onde residen 13 dos 28 contaxiados. Todos eles permanecen illados e as autoridades universitarias están facendo tests a todos os residentes e contactos dos contaxiados para evitar a propagación do virus.

Noticias web

02/10/2020