CRTVG

Buscar

Samuel Blanco, campión de España Elite: "Non o acabo de crer"

Publicado o 24/08/2020 17:33

Malia que pasaron xa algunhas horas, Samuel Blanco aínda non o acaba de crer.

As portas do ciclismo profesional en que volve petar, nesta ocasión co título de campión de España na man. Portas que xa se abriran no 2017, nas filas do LA Aluminios Metalusa portugués. A experiencia non foi como agardaba polas lesións, pero Samuel non se rende na loita por lograr o seu soño.

Unha recompensa que o anima a perseguir o seu obxectivo. O corredor do Superfroiz loitou case ata o final cos mellores corredores de España. Rematou noveno na clasificación xeral a 32 segundos do líder e proclamouse gañador da categoria elite.

Mentres agarda a chamada dun equipo profesional, os próximos retos serán dalo todo nas voltas a Cantabria, Salamanca e Volta a Galicia.

Noticias web

24/08/2020