CRTVG

Buscar

Salvaterra de Miño e Folgoso do Courel en alerta por senllos incendios forestais que xa suman máis de trescentas hectáreas queimadas

Publicado o 13/06/2021 14:53
INCENDIOS SALVATERA E FOLGOSO

Primeiros incendios graves en Galicia ás portas do verán. En Salvaterra de Miño, na comarca do condado, un lume que se iniciou sobre as dez da noite na parroquia de Uma, avanzou cara vivendas habitadas polo que foi preciso
activar a situación dúas de emerxencia, que implica unha maior mobilidade de efecivos.
As lapas achégaronse ao lugar de Maceiras, aínda que tamén afectaron ao lindeiro concello de Mondariz, onde se rexistraron situacións complicadas nos núcleos habitados de Mouriscados, Fontebalán e Crespos.

Durante toda a noite as brigadas forestais traballaron arreo apoiadas polos bombeiros do Baixo Miño e de Ponteareas, así como efectivos de Protección Civil e da Axencia Galega de Emerxencias.

Os primeiros indicios apuntan a que forte tormenta eléctrica puido estar na orixe do incendio. Dende o concello de Mondariz, apuntaron que só unhas poucas vivendas estiveron en perigo, aínda que sobre a medianoite vivironse momentos de moita tensión pola evolución das lapas. Sobre as oito desta mañá desactivouse o nivel de emerxencia e xa se atopan medios aéreos traballando sobre o terreo.


Mentres en Lugo, no concello de Folgoso do Courel continúan os traballos para controlar un lume que leva activo dende a madrugada do sábado. Dende o concello aseguran que o lume foi intencionado, que xa é o terceiro no que vai de ano e que poderían estar provocados para expulsar da zona osos e lobos. O lume está lonxe de núcleos habitados aínda que a complicada orografía dificulta a súa extinción.




 

Noticias web

13/06/2021