CRTVG

Buscar

Salvamento traslada un operario ferido nun buque a 43 millas de Touriñán

Publicado o 01/12/2019 15:05

Fontes de Salvamento Marítimo informaron do traslado dun home de nacionalidade rusa, de 46 anos, que sufriu unha caída dende unha altura no buque tanque no que traballa, a 43 millás ao noroeste de Cabo Touriñán.

A pesar das diversas contusións e dunha ferida na cabeza, o afectado atópase consciente. A voz de alerta deuse ás oito e media deste domingo polos compañeiros do ferido, que foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.