CRTVG

Buscar

Salvamento Marítimo rescata un navegante nas illas Sisargas

Publicado o 15/12/2019 16:41
Salvamento Marítimo rescata un navegante nas illas Sisargas

Salvamento Marítimo deu a coñecer o servizo prestado preto das Illas Sisargas nas últimas horas por parte do helicóptero Helimer 401 e a embarcación LS Bianca. O centro de Fisterra recibiu a alerta do veleiro Spirit of Daedalus e cando o helicóptero o localizou estaba preto das rompentes co único tripulante nunha balsa salvavidas.

O navegante foi rescatado e trasladado a terra por vía aérea, mentres que a embarcacións de Salvamento recolleu a balsa e o veleiro para trasladalos a Malpica. 

Máis sobre Malpica de Bergantiños