CRTVG

Buscar

Salto cara á gloria de Ana Peleteiro

Publicado o 01/08/2021 14:33

A galega acada o bronce en Tokyo coa mellor marca española de todos os tempos (14:87)

Salto cara á gloria de Ana Peleteiro

Quedará para a historia do atletismo galego a medalla de Ana Peleteiro no triplo salto dos Xogos de Tokyo. Grazas ao seu quinto salto de 14,87, co que fixo a mellor marca española de todos os tempos subiu, ao terceiro chanzo do podio, a catorce centímetros da prata. 

Imposible estivo o ouro porque Yulimar Rojas, compañeira de adestramentos de Peleteiro estivo prodixiosa. Cun salto de 15,67 conseguiu a mellor marca mundial de todos os tempos.