CRTVG

Buscar

Salóns de peiteado de toda España demandan axudas para os seus negocios

Publicado o 12/01/2021 16:20
Salóns de peiteado de toda España demandan axudas para os seus negocios

Salóns de peiteado de toda España acaban de presentar unha demanda colectiva contra a Administración. Reclámanlle 150 millóns de euros.

Estes profesionais viven unha situación límite polo confinamento destes meses. Calculan que perderon un 40 por cento da facturación.

Máis de 2.000 salóns de toda España únense agora nesta reclamación coa que pretenden recuperar parte das perdas. Pídenlle tamén ao Goberno central que lles aplique o IVE reducido do 10 %.

Noticias web

12/01/2021