CRTVG

Buscar

Un aparatoso accidente na A-55 deixa un ferido leve ao colidir unha furgoneta contra un camión

Publicado o 28/05/2020 15:08

A autovía A-55 entre Vigo e Tui tivo que ser cortada este xoves por outro accidente. Ocorreu contra as doce do mediodía no quilómetro vinte e nove en sentido Portugal. Alí, un furgón de 3.500 quilos colidiu por alcance cun vehículo articulado.

O condutor do camión, veciño da Guarda, quedou ferido leve. A Garda Civil desvíou o tráfico pola saída 29.

Noticias web

28/05/2020