CRTVG

Buscar

Saen á venda as entradas para o festival Sinsal cun cartel por descubrir

Publicado o 08/07/2021 08:59
Saen á venda as entradas para o festival Sinsal cun cartel por descubrir

A mediodía deste xoves saen á venda as entradas do festival Sinsal, un evento musical de cariz moi diferente pero tamén con moitísimo éxito. O Sinsal volve á Illa de San Simón entre o 23 e o 25 de xullo. A entrada inclúe o transporte marítimo ata a illa, este ano dende dous puntos diferentes: o porto de Vigo ou o embarcadoiro de Meirande. En horario de tarde, contará con máis dunha ducia de artistas agochados no seu cartel secreto.

Noticias web

08/07/2021