CRTVG

Buscar

Sae o segundo avión español de Cabul cara a Dubai con 110 pasaxeiros

Publicado o 20/08/2021 09:35
Sae o segundo avión español de Cabul cara a Dubai con 110 pasaxeiros

EFE

EFE

Un segundo avión español das forzas armadas engalou desde o aeroporto de Cabul ás 6:30 horas cun grupo de 110 persoas evacuadas de Afganistán, entre elas tres familias completas de persoal da Embaixada, e está previsto que aterre ás 10 da mañá en Dubai. Así o confirmaron nun comunicado conxunto os Ministerios de Defensa e Exteriores, tras o que o ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, detallou na Cadena Ser que deste segundo grupo de 110 persoas, 50 está previsto que permanezan en España.

Entre os pasaxeiros hai persoal que colaborou con institucións españolas, como a Aecid ou Defensa, e tamén a capitá do equipo paralímpico de baloncesto afgán, Nilofar Bayat, destacou Albares. O responsable de Exteriores asegurou que o Goberno non vai deixar o seu empeño de localizar as persoas que traballaron para as institucións españolas, pero recoñeceu que están a ter dificultades para contactar con eles. "Non imos deixar ninguén atrás".

Noticias web

20/08/2021