CRTVG

Buscar

Sae do coma a rapaza do Carballiño agredida presuntamente por un amigo

Publicado o 21/09/2021 08:06
Sae do coma a rapaza do Carballiño agredida presuntamente por un amigo

A nena agredida presuntamente por un amigo no Carballiño saíu do coma despois de dez días, segundo manifestou a súa familia. A cativa está ingresada na Unidade de Reanimación do Complexo Hospitalario de Ourense.

Aínda que o seu nivel de consciencia é moi leve, a familia aclara que é cedo para avaliar as secuelas do golpe que sufriu.

A nena, de 13 anos, ingresou no CHOU en estado moi grave e os médicos temían pola súa vida dada a gravidade dos traumatismos e fracturas que sufriu. 

O presunto agresor, un neno de 14 anos, permanece ingresado no Hospital Clínico de Santiago. Alí realizaráselle un estudo psiquiátrico para avaliar o seu estado mental. O rapaz golpeou presuntamente a súa amiga con premeditación porque, segundo manifestou, quería saber o que se sentía ao matar a alguén.

O próximo 30 de setembro, día en que a moza fai 14 anos, haberá unha concentración fronte á Subdelegación do Goberno de Ourense. Alí reivindicarán que se endureza a Lei do Menor para que os nenos de 13 anos que cometan feitos graves non sexan inimpuitables pola súa idade.

Noticias web

21/09/2021