CRTVG

Buscar

Sae de Kabul o primeiro voo civil con destino internacional con 115 pasaxeiros

Publicado o 10/09/2021 08:03
Sae de Kabul o primeiro voo civil con destino internacional con 115 pasaxeiros

O primeiro voo civil con destino ao estranxeiro saíu desde o aeroporto de Kabul, con 115 pasaxeiros a bordo. Entre os pasaxeiros, que desembarcaron pouco despois no aeroporto de Qatar, hai estadounidenses, canadenses, alemáns, británicos e ucraínos, ademais de afgáns. O voo, operado pola liña regular qatarí, é o primeiro que despega desde o aeroporto da capital de Afganistán desde que o pasado 31 de agosto rematou a evacuación liderada polos Estados Unidos. 

Noticias web

10/09/2021