CRTVG

Buscar

Sae da UCI pediátrica o neno que sufriu un shock tóxico tras superar a covid-19

Publicado o 26/03/2021 14:03

Abadona a UCI Pediátrica do hospital de Lugo o neno de 10 anos que permanecía na unidade de críticos a causa dun shock tóxico tras superar a covid-19.

O neno ingresara o luns con febre alta e dor abdominal. Horas despois sufría un shock que o levou á UCI. Había un mes que se contaxia da covid, xa recibira a alta e a súa PCR era negativa.

Aínda que son casos infrecuentes e raros, cando se producen poden aparecer entre unha e seis semanas despois de entrar en contacto co virus. É o cuarto caso que tratan no HULA deste tipo de síndrome.

Noticias web

26/03/2021