CRTVG

Buscar

Sae cara a Marrocos o Buffin Bay despois de cinco meses de reparacións

Publicado o 20/05/2021 11:25

O buque conxelador Baffin Bay, que levaba no porto de Vigo dende que se incendiara en decembro, partiu xa cara a Marrocos. Na cidade de Alhucemas procederase ao seu despezamento. 

A embarcación sufrira un aparatoso incendio o pasado mes de decembro mentres realizaba labores de mantemento no porto vigués. O fume foi visible dende distintos puntos da cidade e causou danos que fixeron que se afundira.

Tivo que ser reflotado, cuns traballos que se prolongaron varias semanas, e permaneceu os últimos cinco meses no peirao de reparacións de Bouzas.

O plan de remolque deste buque conxelador ata Marrocos contou co visto e prace de Capitanía Marítima. O barco foi sometido a diversas e longas inspeccións a fin de avaliar o seu estado para realizar a travesía e mesmo se procedeu ao baleirado do tanque de combustible para evitar danos medioambientais.

Noticias web

20/05/2021