CRTVG

Buscar

Sacar o permiso de conducir xa non é unha prioridade entre os mozos

Publicado o 05/08/2021 21:03

Que entremos nunha autoescola en pleno agosto e que a vexamos chea de xente non nos debería levar a engano. Os datos da DXT falan din que cada vez menos mozos sacan o permiso de conducir.
Prioridades que se fan máis evidentes entre os que naceron no 1995 e en diante. Deles, só un 58 % ten o carné de conducir. Se o comparamos coa xeración dos seus proxenitores, que supera o 80 %, a tendencia á baixa contátase.

E deron no cravo. Segundo a DXT o transporte público e a precariedade laboral das novas xeracións está marcando as pautas. Sacar o carné custa uns 1.000 euros, como pouco, de media, amais do mantemento dun coche. Saben que é necesario, pero non urxente.

Todos coinciden na liberdade e independencia que che dá o coch,e pero xa non parece ser o mellor agasallo de aniversario dos 18 anos.

 

Noticias web

05/08/2021