CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Saber identificar os niños dende os primeiros pasos, fundamental na loita contra a velutina

Publicado o 17/05/2018 14:23
Os problemas derivados da presenza da avespa 'velutina' na nosa Comunidade non son exclusivos dos apicultores, senón que nos atinxen a todos. Na maior parte dos casos os niños aparecen nas proximidades das nosas vivendas ou xardíns. Por iso, que calquera de nós saiba identificalos é moi importante, xa que erradicalos na súa primeira fase é moito máis doado e evita a proliferación das avespas.








Constrúeos a raíña e, na maior parte dos casos, están preto das nosas vivendas ou xardíns. Son os niños primarios das avespas 'velutinas'. Están na nosa contorna e non constitúen un problema exclusivo dos apicultores, por iso saber identificalos pode ser clave.

INSERTO

Se identificamos un destes niños, o mellor é chamar o 012 para que os profesionais poidan destruílos.

INSERTO

Os niños primarios son moito máis pequenos e a súa eliminacion é máis doada. Erradicalos nesta fase impide que a avespa 'velutina' constrúa outros máis grandes e complicados de tratar.

INSERTO

Os niños achegan moita informacion sobre o estado das oveiras das avespas, que coa suba das temperaturas se desenvolven máis rápido. Din os apicultores que no verán nalgúns concellos se rexistrarán máis de 500 niños, por iso piden maior implicación da Administración.