Sábado tráxico nas estradas galegas con dúas persoas mortas durante a madrugada
• Unha muller atropelada en Ortigueira e un mozo nunha saída de vía en Esgos

O suceso ocorreu pouco antes das seis e media desta mañá na estrada DP-2503 da Coruña, no termo municipal de Ortigueira, cando unha muller foi atropelada por un vehículo no que só ía o conductor, un home que deu negativo no control de alcol e drogas.
A muller, de 80 anos, non levaba prenda de visibilidade algunha. A Comandancia da Garda Civil alerta de que tanto os condutores como os peóns extremen as precaucións en xornadas de forte chuvia e pouca visibilidade.
Con pouca luz e condicións meteorolóxicas adversas, os peóns deben ir por zonas visibles e nas estradas deben utilizar obxetos reflectantes para evitar desgrazas.
En Ourense, no concello de Esgos, tivo lugar outro accidente mortal, unha saída de vía dun mozo de 22 anos que conducía unha furgoneta (discoteca-móbil).