CRTVG

Buscar

Os menores de 12 e 13 anos reciben a primeira dose de Moderna desde o luns

Publicado o 22/08/2021 12:28

• O obxectivo é que todos os mozos maiores de 12 anos teñan a pauta completa antes do inicio do curso escolar

• Deberán acudir con consentimento expreso dos pais ou titores

• Sanidade adiantará a vacinación das persoas que pasaron a covid

 

Galicia comeza a vacinar este luns os menores de 12 e 13 anos.  Recibirán o soro de Moderna. Na área da Coruña van ser 40.000 os rapaces que van recibir a súa dose de luns a venres tanto en ExpoCoruña como no Hospital de Cee.

Os citados teñen idades de entre 12 e 29 anos e haberá ademais repescas doutras franxas de idade.

O mércores e o xoves será a quenda para os adolescentes de 14 a 16 anos. Inocularáselles neste caso Pfizer. Galicia decidiu adiantar a vacinación deste grupo de idade para que os adolescentes estean inmunizados para o comezo do curso escolar.

O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesana explicaba os pormenores das citas.

Todos estes mozos, por ser menores de idade, deberán acudir con "consentimento informado" asinado polo seu pai, nai ou titor, e especificou que só se vacinará a quen teña cumpridos os 12 anos, non os que vaian cumprir ao longo de 2021, xa que as vacinas non están prescritas para os menores desta idade.

En todo caso, Comesaña garantiu que "ningún mozo desta idade vai quedar sen vacinar" xa que se establecerá un sistema para incorporar ao proceso aos que vaian cumprindo os 12 anosAs citacións, a través de SMS, realizaranse esta mesma tarde ao número de teléfono asociado á tarxeta sanitaria e incluirase unha ligazón ao documento de consentimento para que os menores vaian con el xa asinado vacinarse.

Segundo explicou o conselleiro, este adianto da vacinación débese a unha partida de doses de Moderna que vai recibir a comunidade, confirmada esta mesma mañá, polo que será esta vacina a que se administre o luns aos mozos de entre 12 a 14 anos, que terán que recibir unha segunda dose nuns 28 días.

"Citámolos para o luns porque Moderna ten unhas catro semanas para a segunda dose e esta é a forma de que poidamos chegar á semana de inicio do curso, do 13 ao 19 de setembro, coa pauta completa de todos estes mozos", puntualizou o conselleiro.

O mércores e o xoves xa se seguirá vacinando nos tramos de idade previstos, de 14 a 16 anos, pero neste caso coas vacinas de Pfizer, para as que se establece unha segunda dose aos 21 días. Comesaña cualificou este adianto da vacinación dos menores como un "fito importante" porque "vai garantir un inicio de curso máis seguro".

 

Noticias web

22/08/2021