CRTVG

Buscar

Ryanair pecha en xaneiro catro bases españolas que afectará a 512 empregados

Publicado o 23/08/2019 18:01
Ryanair pecha en xaneiro catro bases españolas que afectará a 512 empregados
Ryanair anuncioullo hoxe ao persoal nun correo electrónico. Pechará o 8 de xaneiro de 2020 as súas bases nos aeroportos de Gran Canaria, Tenerife Sur, Lanzarote e Xirona, e iniciará un despedimento colectivo dos 512 empregados, que mantén nesas instalacións, informou o sindicato USO nun comunicado.
Ata a data os sindicatos, USO e Sictpla, que representan aos tripulantes de cabina de pasaxeiros ( TCP) de Ryanair previran unha folga para os días 1, 2, 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27 e 29 de setembro para tratar de evitar o peche desas bases. A confirmación das intencións da aerolínea de baixo custo irlandesa produciuse mentres os sindicatos e a dirección negociaban os servizos mínimos para estas dez xornadas de paro informou o secretario de organización de USO Ryanair, Jairo Gonzalo.