CRTVG

Buscar

Rutte supera unha moción de censura pero recibe a desaprobación dos seus socios

Publicado o 02/04/2021 08:40
Rutte supera unha moción de censura pero recibe a desaprobación dos seus socios

O primeiro ministro en funcións de Holanda, Mark Rutte, superou a moción de censura presentada pola ultradereita pero non unha de desaprobacion que presentaron os seus propios socios de coalición.

Dous partidos progresistas pediron desaprobar a Rutte a quen acusan de mentir sobre a posibilidade de darlle un cargo no futuro Goberno a un deputado democristán, moi crítico coas súas poíticas. 

Rutte asegurou que non mentíu senon que non se lembrara correctamente dos feitos. Holanda está inmersa na busca dunha nova coalición de Goberno tras as eleccións do pasado 17 de marzo.
 

Noticias web

02/04/2021