CRTVG

Buscar

Rusia asegura que a súa vacina contra o coronavirus ten un 95% de efectividade

Publicado o 24/11/2020 13:00

Rusia asegura que a súa vacina Sputnik contra o coronavirus ten unha eficacia de máis do 95 % e será máis barata ca as estadounidenses de Pfizer e Moderna.

Segundo os datos dunha segunda análise feitos públicos hoxe, a vacina alcanzou este nivel de efectividade 42 días despois da primeira dose. A Sputnik, a diferenza das outras, emprega adenovirus humano o que produce, aseguran, unha resposta inmune máis forte e a máis longo prazo.

A vacina consérvase entre 2 e 8 graos e o seu prezo estará por baixo dos 20 dólares.

Noticias web

24/11/2020