CRTVG

Buscar

Rueda sobre as axudas á hostalaría: "A xente non quere 313 portelos, quere un único lugar a onde ir pedir e que se lle dea canto antes"

Publicado o 30/01/2021 15:54

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, lamentou este sábado o "egoísmo" das administracións que pensan que "o importante é quen dá o diñeiro" do plan de rescate á hostalería e ao turismo, sobre o que non houbo acordo, "e non quen o recibe". Os afectados, segundo o vicepresidente galego, necesitan que as axudas "veñan canto antes". "A xente non quere 313 portelos, quere un único lugar a onde ir pedir e que se lle dea canto antes", engadiu Rueda.

A Xunta anunciou que destinará 75 millóns de euros ao seu segundo plan de rescate en solitario e prevé que as axudas se activen en febreiro.

 

Noticias web

30/01/2021