CRTVG

Buscar

Rueda invita os madrileños a participar nas actividades do Xacobeo 21 e a visitar Galicia

Publicado o 20/06/2021 16:22

Ponse en marcha a semana Xacobeo 21-22 organizada polas comunidades galegas en Madrid. Cunha ampla axenda de actividades para lembrarlles aos madrileños, a comunidade que máis visitantes achega a Galicia, que o Xacobeo está xa aí.

Rueda animou os madrileños a superar este ano díficil de pandemia viaxando a Galicia. Como o fai o alcalde, José Luis Martinez-Almeida, que hoxe presumiu das súas viaxes ao noso país, reivindicándose como un madridgalego máis, poñendo en valor os vínculos entre Madrid e Compostela.

Por diante queda unha semana para gozar do Xacobeo en Madrid. A primeira etapa dunha viaxe que este verán moitos madrileños acabarán en Galicia.

Noticias web

20/06/2021