Rueda avanza a construción de novos centros de atención a vítimas de violencia machista
Publicado o 19/11/2019 15:45

A Xunta prevé executar o cen por cento dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero a principio do ano que vén.
O vicepresidente da Xunta dixo na cámara galega que, polo momento, levan investidos 13 millóns de euros dos 16 que recibiron. Alfonso Rueda destacou que un cento de vítimas atoparon emprego grazas a estas medidas, e anunciou que o ano que vén abrirán novos centros de acollemento e novos puntos de encontro familiar.
A oposición cre que os recursos non son suficientes e criticaron que o PP pactara nalgunhas comunidades con partidos que negan o problema da violencia de xénero.