Rubén de la Barrera: "O partido do domingo é unha final. As cousas hai que chamalas polo seu nome"
Publicado o 29/01/2021 16:37
O Deportivo recibe este domingo as 19:00 horas ao Unionistas. O líder do grupo visita a un Dépor en crise pero que non pode permitirse máis fochancas. Así o entende o seu adestrador, Rubén de la Barrera, que mostrou a súa alegría pola recuperación de pezas importantes e cualificou de "vital" o próximo encontro.
O técnico coruñés engadiu que "a dinámica deles é francamente positiva pero o domingo só pode existir un equipo no campo. Hai que morrer por este escudo. Todos os que formamos parte deste club témolo claro. É unha final. As cousas hai que chamalas polo seu nome".