CRTVG

Buscar

Rubén de la Barrera non seguirá no Deportivo, que xa contactou con Yago Iglesias

Publicado o 18/05/2021 20:26

Rubén de La Barrera xa non seguirá no Deportivo da Coruña. Por perda de confianza e falla de ilusión, segundo deixou entender a directiva branquiazul. Ao parecer, as negociacións que supostamente mantiña De la Barrera co Las Palmas, non gustaron na Coruña. O Consello de Administración  deulle un tempo para que tomara unha decisión. Cumprido o prazo sen resposta, o Deportivo decidiu non contar con el para o futuro. Soa como substituto Yago Iglesias, que puxo fin á súa etapa no Compostela. Segundo puido saber a TVG, houbo xa contactos nesa dirección.

Noticias web

18/05/2021