CRTVG

Buscar

Rubén de la Barrera: "Non se pode perdoar o que perdoamos neste partido"

Publicado o 15/02/2021 14:26

O Deportivo acabou sufrindo a pesar de contar con numerosas oportunidades para marcar. Rubén de la Barrera lembrou que os partidos anteriores do equipo resolvéronse sempre pola mínima, pero admitiu que debían pechar antes o marcador.

"Hoxe comentabamos antes do duelo que nos últimos 20 meses, o Dépor non gañara ningún partido por máis dun gol de diferenza. Iso fala de encontros a cara de can e de que unha vitoria custa moitísimo", indicou.

O adestrador deportivista recalcou que, a pesar da falta de acerto, o importante era alcanzar un triunfo.

"Había que cortar a dinámica que levabamos. E agora hai que buscar continuidade. Está claro que non se pode perdoar o que perdoamos neste partido, pero insisto en que hoxe valíame todo", destacou.

 

 

Noticias web

15/02/2021