CRTVG

Buscar

Rubén de la Barrera estréase en Riazor cun derbi: "Temos que desnaturalizar o Compostela"

Publicado o 22/01/2021 15:55

Rubén de la Barrera estréase o domingo en Riazor no Deportivo-Compostela coas urxencias clasificatorias apertando. O técnico trata de implantar o seu libreto sobre a marcha, pero o que ten claro que a súa idea de xogo non se negocia porque entende que esa é a mellor forma de chegar ás vitorias.

"Gañar como sexa entendo que é unha frase feita. Pero non é cuestión de querer gañar e rezar todo o que sabemos para que iso ocorra. É facer as cousas ben para gañar. Podes atopar partidos en que sexas mellor e gañes. E outros nos que non esteas tan ben e en base ao acerto, ou ao balón parado, cando non o merezas, gañes. Agora, como adestrador e corpo técnico temos que aspirar a facer as cousas moi ben para gañar. Non é cuestión de chegar ao estadio, rezar a todos os santos e esperar que salga cara. Oxalá ocorra un día de non estar ben e gañar. Iso tamén importa, porque cando non esteamos ben hai que competir ao máximo".

Engadiu que o seu obxectivo é "destaturalizar o Compostela".

 

 

Noticias web

22/01/2021