CRTVG

Buscar

Rubén de la Barrera: "Con 5.000 seareiros Riazor vai parecer a Bombonera"

Publicado o 30/04/2021 19:42

O Deportivo quere pechar a temporada en Riazor, cun triunfo ante os seus. Un triunfo ante os 5.000 seareiros que terán a oportunidade de presenciar o encontro ante o Langreo. Unha vitoria do Deportivo confirmaría a súa presenza na 1ª federación a próxima temporada. Rubén de la Barrera non imaxina outro resultado e máis, arroupado por un maior número de seareiros.